CRTVG

Buscar

Discrepancias no Goberno municipal de Lugo na finalización da peonalización dunha rúa da zona histórica

Publicado o 25/06/2021 15:38

A finalización da peonilización desta centrica rúa da zona historica de Lugo xera discrepancias entre os dous socios do Goberno municipal. Os nacionalistas programaron varios actos culturais para festexar o remate destes traballos, pero a alcaldesa os supendía horas despois alegando que a obra non estaba recepcionada.

"Mentres non teñamos a total seguridade de que se podan establecer para uso público, evidentemente ten que primar a rigorosidade e responsabilidade", Lara Méndez, alcaldesa de Lugo.

Os nacionalistas restanlle importancia a decisión e negan desavinzas. "Non hai polémica, só un debate técnico xurídico de se se poden facer porque a obra está entregada parcialmente porque hai outra obra ali", Rubén Arroxo, tenente de alcalde de Lugo.

Para a oposición, estas tirapuxas entre os socios de Goberno non benefician os veciños.

"Ter o Goberno máis caro da historia de Lugo, de PSOE e BNG, que dedican o seu tempo e os recursos a poñerse a cambadela", Antonio Ameijide, voceiro municipal do PP. Finalmente, os festexos trasladaranse a outra localización.

Noticias web

25/06/2021