CRTVG

Buscar

Discrepancias entre mariscadoras de Vilaboa e de Arcade

Publicado o 27/04/2021 15:02

Non houbo conflito, pero a Garda Civil estivo presente mentres as mariscadoras de Arcade traballaron. Fixérono baixo a atenta mirada das súas compañeiras de Vilaboa, que non comparten a decisión. Pensan que todas deberían respectar o cesamento de actividade ata setembro para manter os recusos do banco.

Non houbo acordo entre confrarías e a Xunta autorizou o marisqueo no banco. Un dereito ao que se acolleron mariscadoras de Arcade que non están en paro. Son once e con cotas máis reducidas, que aseguran que non afectan a produtividade.

Esta mañá a pesaxe da ameixa realizouse conforme a normativa, coa presenza de representantes das dúas confrarías e sen necesidade de que a Garda Civil certificase o control das cotas.

 

Noticias web

27/04/2021