Discapacitados de Lugo quéixanse das prazas que teñen para aparcar na cidade
Agora mesmo a praza de estacionamento que ten Alfonso na súa casa está baleira porque tivo que mandar o seu vehículo ao taller para que lle fixesen unhas adaptacións, xa que tivo que mercar unha furgoneta con apertura lateral e adaptala para meter a súa cadeira de rodas dentro e así poder pasar ao asento do condutor. Por este vehículo pagou 50.000 euros pero, se non, élle moi difícil aparcar.
Alfonso ten carné dende os 18 anos e o coche dálle liberdade. A mesma liberdade que esixe Mari Sol, que aprobou o carné hai 44 anos. Este é o quinto coche que ten, o primeiro homologado en España para conducir dende a propia cadeira de rodas. O seu vehículo abre o portón traseiro.
Estamos en Lugo, cidade recoñecida e premiada pola súa accesibilidade e onde hai máis de cen prazas deste tipo.
Coa forza das demandas, e como a tendencia é o desembarque traseiro, posiblemente intentarán ampliar a lonxitude das prazas ata os sete metros.