CRTVG

Buscar

Diploma para Enmanuel Reyes tras quedar eliminado aos puntos co cubano La Cruz

Publicado o 30/07/2021 13:58
Diploma para Enmanuel Reyes tras quedar eliminado aos puntos co cubano La Cruz

Ata aquí a participación do 'profeta de Montealto' nos Xogos Olímpicos de Toquio. O púxil asentado na Coruña Enmanuel Reyes perdeu aos puntos nos cuartos de final do peso semipesado co cubano Julio La Cruz.

Nun combate moi igualado, os xuíces acordaron nunha decisión algo polémica darlle a vitoria a La Cruz.

É o segundo diploma olímpico para os nosos deportistas despois do acadado por Caetano Horta no remo.

Noticias web

30/07/2021