Histórico quinto posto e diploma olímpico para Adrián Ben nos 800 metros

Pelexando ata o final. Deste xeito rematou Adrián Ben a súa participación nos Xogos Olímpicos de Toquio. A 'locomotora de Viveiro', que facía xusto hoxe 23 anos, xa mira como iguais os mellores atletas do mundo grazas ao seu quinto posto na final olímpica de 800 metros, a mellor clasificación histórica dun español nesta proba.
Cun tempo de 1:45:96, Ben acada un diploma na súa estrea olímpica e mellora o sexto posto que conseguira no Mundial de Doha. A estratexia foi distinta á que empregou cando foi o único español en clasificarse para a final olímpica dos 800 metros. Atacou antes dos últimos 80 metros e estivo preto do cuarto posto do australiano Bol (1:45:92).
O podio liderárono os kenyanos Korir e Rotich (1:45:06 e 1:45:23). O bronce foi para o atleta polaco Dobek (1:45:39).