Dimite "por razóns íntimas" o tenente de alcalde de Vilalba, o socialista Rodrigo Pavón
Publicado o 13/09/2021 20:13
O socialista Rodrigo Pavón dimite como tenente de alcalde de Vilalba e abandona a corporación. O tamén xerente do PSdeG na provincia de Lugo deixara hai xa un ano a Secretaría da agrupación local. Compañeiros de partido e a propia alcaldesa escoitaban esta tarde a súa intervención de despedida. Negou que se deba a discrepancias ou a movementos internos ante os procesos congresuais do Partido Socialista.