CRTVG

Buscar

Dimite o deputado andaluz de C's que cobraba viaxes en Blablacar e axudas de custo

Publicado o 24/10/2019 09:59

O parlamentario andaluz de Ciudadanos Andrés Samper presentou a súa dimisión tras a polémica xerada por cobrar en Blablacar as viaxes a Almería cando cobraba axudas de custo do Parlamento.

Como todos os parlamentario, Samper, tiña dereito a unha compensación para desprazarse desde Almería ata Sevilla. O parlamentario de Ciudadanos, ademais, ofertaba a viaxe na plataforma Blablacar e cobráballe a cada viaxeiro 24 euros e 50 céntimos. Ante a polémica que se abriu e Twitter, o parlamentario deixou o seu cargo.


Noticias web

24/10/2019