CRTVG

Buscar

Dimite o presidente do Barcelona, Josep Maria Bartomeu

Publicado o 27/10/2020 20:08

Bartomeu dimite como presidente do Barcelona e marcha tamén toda a súa xunta directiva. O xa expresidente aferrábase ao cargo porque pensaba que a crise sanitaria ía impedir o referendo da moción de censura. Pero a Generalitat négase a adiar esa votación.

Así que Bartomeu dimite ao ver cerca a moción de censura. Onte dicía que "nin se lle pasaba pola cabeza a opción de dimitir". Malia os acontecementos que veu arrastrando o club nos últimos meses (burofax de Messi incluído) seguía pensando en completar o seu mandato. Coas sinaturas dos socios iniciábase o camiño da moción de censura, e a decisión da Generalitat de non adiar a votación precipitou os acontecementos.