Dimite o fiscal xefe de Castelló por poñer a vacina antes do que lle correspondía
Publicado o 28/01/2021 12:38

Novo caso de vacinación irregular. O fiscal xefe de Castelló, José Luis Cuesta, dimitiu despois de que se soubera que recibiu a vacina contra a covid antes de que lle tocase.
A consellería de Sanidade valenciana xa abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias en que se produciu esa vacinación.