CRTVG

Buscar

Dimite o embaixador británico nos EUA por mor dunha polémica con Trump

Publicado o 10/07/2019 19:54

O embaixador británico nos Estados Unidos, Kim Darroch, presentou hoxe a súa dimisión. Unha renuncia motivada pola polémica que xurdiu tras a filtración duns documentos confidenciais, en que cualificaba a administración de Donald Trump de disfuncional e inepta.

O propio embaixador recoñeceu que tras este episodio, a continuación no seu cargo é insostible. A dimisión ten lugar horas despois de que o propio Trump o insultara nas súas redes sociais, chamándolle tolo e estúpido. Unhas críticas que o presidente dos Estados Unidos estendeu a Theresa May, pola xestión política do brexit.
 

Noticias web

10/07/2019