Dimite o director xeral de Alu Ibérica en plena investigación xudicial

O director xeral de Alu Ibérica, Carlos Núñez Zorrilla, deixou o seu posto este venres, mentres se realiza a investigación da Audiencia Nacional pola venda das plantas da Coruña e Avilés. Nun comunicado remitido aos traballadores, o ata o de agora director xeneral informou de que abandona as súas funcións. “Estas semanas que puiden compartir convosco foron de enorme interese e creo que avanzamos moito todos xuntos en achegar ao proxecto de Alu Ibérica continuidade e reforzamos as bases para que sexa un proxecto de futuro, como así está exposto”, indicou Núñez no seu escrito.
Así, mostrouse “convencido” de que as plantas contan con “un equipo solvente, sólido e eficaz” e engadiu que “a contribución” de todos os traballadores é “fundamental” para facer que “este eixo industrial” representa unha panca de futuro en Galicia e en Asturias. “Anímovos a seguir contribuíndo e sen dúbida deséxovos o mellor no futuro”, remarcou Núñez Zorrilla.
O 4 de marzo axentes da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal ( UDEF) da Policía Nacional rexistraron as oficinas da Coruña e Avilés na investigación pola pola presunta despatrimonialización fraudulenta das plantas.