CRTVG

Buscar

Dimite o coordinador da xestión da Atenión Primaria da área sanitaria de Pontevedra e do Salnés

Publicado o 28/06/2019 21:05


O coordinador da xestión da Atención Primaria da área sanitaria de Pontevedra e do Salnés. José Andrés Seco marcha alegando motivos persoais. O Sergas aceptou a súa renuncia e indica que será efectiva "nun breve prazo de tempo". A dirección da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés nun comunicado avala e agradécelle os servizos prestados. Mentres non se faga a convocatoria pública para cubrir a vacante desde posto, será a estrutura directiva da área sanitaria de Pontevedra a que asuma a coordinación da Atención Primaria.
 

Noticias web

28/06/2019