Dimite o conselleiro de Sanidade de Ceuta tras a polémica pola súa vacinación
Publicado o 26/01/2021 12:58

O conselleiro de Sanidade do Goberno de Ceuta, Javier Guerrero (PP), presentou este martes a súa dimisión "irrevogable" como responsable da área, despois da polémica suscitada por vacinarse contra a covid-19.
A dimisión do conselleiro produciuse tan só uns días despois de que o pasado xoves comparecera publicamente para poñer de manifesto que se vacinou por recomendación da técnicos da área de Sanidade, segundo confirmou nun comunicado o Goberno ceutí.
Javier Guerrero presentou esta mañá a súa dimisión como conselleiro de Sanidade, Consumo e Gobernación e a súa renuncia á acta de deputado da Asemblea da Ciudad Autónoma de Ceuta.