Dimite máis da metade da directiva de Ciudadanos en Vigo
Publicado o 17/10/2019 15:28
Crise de Ciudadanos en Galicia. Dimite máis da metade da xunta directiva de Ciudadanos en Vigo. Acusan a formación de converterse nun instrumento que só responde a intereses persoais. A candidata por Pontevedra lamenta a dimisión, pero di que as portas están abertas para os que decidan abandonar Ciudadanos.