Dimite Josep María Bartomeu e toda a directiva do Barcelona
Publicado o 28/10/2020 09:32
No Barcelona ábrese unha nova etapa. Bartomeu dimitiu como presidente e marcha tamén toda a súa xunta directiva.
O xa ex-presidente aferrábase ao cargo porque pensaba que a crise sanitaria ía impedir o referendo da moción de censura, pero a Generalitat négase a adiar esa votación. Así que Bartomeu dimite ao ver cerca a moción de censura.
Malia os acontecementos que veu arrastrando o club nos últimos meses (burofax de Messi incluído), seguía pensando en completar o seu mandato. Coas sinaturas dos socios iniciábase o camiño da moción de censura, e a decisión da Generalitat de non adiar a votación precipitou os acontecementos.