CRTVG

Buscar

Dimite a directora do colexio do neno "esquecido" nun autobús

Publicado o 02/10/2020 13:57

Coa dimisión da directora do colexio e co despedimento da monitora do autobús, así é como se resolveu polo de agora o caso do neno de tres anos esquecido durante toda a mañá do martes nun autobús escolar.

Cando Inspección Educativa preguntou por que non avisaran do acontecido, a directora do colexio Luís Seoane, de Mera - Oleiros, acordou dimitir. Pola súa banda, a empresa concesionaria do transporte escolar decidiu despedir a monitora que controla os nenos do autobús, ao entender que non actuara dilixentemente no caso do escolar de tres anos.

Pais, nais, docentes e alumnado concetráronse para amosar o sue apoio á directora e denuncian que foi unha "dimisión obrigada".

Noticias web

02/10/2020