CRTVG

Buscar

Diminúen os casos activos e a presión hospitalaria segue á baixa (-22)

Publicado o 18/03/2021 10:05

• As UCI caen ata 57, a niveis de mediados de outubro

• A taxa de positividade mantense por debaixo do 2 %

Diminúen os casos activos e a presión hospitalaria segue á baixa (-22)

A terceira vaga continúa o seu descenso, mais a un ritmo lento. O Sergas notifica que en Galicia hai 2.586 casos activos, 72 menos ca onte, logo de que se diagnosticasen 146 novos positivos, 122 mediante proba PCR.

Por áreas sanitarias, o resultado é o seguinte:

A Coruña: 1.028 (-36)

Vigo: 484 (+12)

Pontevedra: 212 (-10)

Santiago: 279 (-9)

Lugo: 205 (-5)

Ferrol: 223 (-9)

Ourense: 155 (-15)

Diminúe a presión asistencial

No que respecta aos hospitais, a situación é algo mellor ca a de onte. Hai 271 persoas ingresadas en total: 214 en planta (-21) e 57 nas UCI (-1). É a menor cifra total dende o 17 de outubro. A cifra de ingresados nas UCI é a metade da que había hai case tres semanas.

Onte a cifra de vítimas da covid−19 en Galicia chegou ás 2.310, logo de que o Sergas notificase no seu último parte catro falecementos acontecidos nos dous últimos días por mor da doenza.

Continúa a baixa positividade

Segundo Sanidade, fixéronse 6.370 probas PCR (-119), das cales deron positivo 122. Isto revela unha taxa de positividade do 1,92 %, por debaixo do limiar máximo recomendado do 5 % para dar por controlada a pandemia.

 

Mapas de incidencia por concellos