CRTVG

Buscar

Diminúe o consumo de alcol, tabaco e cánnabis durante a pandemia

Publicado o 26/03/2021 21:19

A pandemia rompeu os esquemas relacionados coas drogas. O estudo analizou o cánnabis e a cocaína e conclúe que descendeu o consumo de ambos. O mesmo acontece co tabaco e co alcol: houbo unha caída no seu consumo, especialmente entre os mozos , e está relacionada cos medidas máis restritivas da pandemia.

A enquisa achega datos negativos en relación co consumo de medicamentos hipnosedantes, especialmente entres mulleres. Aumentaron as situacións de estrés, preocupación e incerteza e os expertos alertan de que estamos demasidao medicados.

Outra cara negativa que amosa este estudo é que se incrementaron os hábitos relacionados cos xogos de apostas en liña, algo que afecta particularmente os mozos.
 

Noticias web

26/03/2021