Diferenza entre as máscaras: as cirúrxicas filtran máis a expulsión do virus
Publicado o 27/11/2020 14:52
As máscaras son un complemento máis no noso día a día. Actualmente temos no mercado tres tipos diferentes: as cirúrxicas, as hixénicas e as FPP2. Parece que estas últimas todos somos capaces de identificales pero, sabemos cal é a diferenza entre unha máscara cirúrxica e unha hixénica?
Polo momento, as máscaras viñeron para quedar un tempo e, mentres tanto, é importante seguir as recomendacións sanitarias sobre o seu uso para protexernos de maneira correcta.
Dende o Goberno xa se levou a cabo a rebaixa no IVE das máscaras do 21 ao 4 %, pero non en todos os modelos.