Dieta Ártabra para impulsar Ferrol como destino gastronómico sostible e saudable
A dieta ártabra é a dieta atlántica e non difire da do resto do litoral galego e portugués. Estudos científicos das universidades de Lisboa e de Santiago avalan que se trata dunha dieta saudable.
Foi así como naceu en Ferrol o Plan estratéxico de turismo gastronómico, sostible e saudable 'Dieta Ártabra'. Entre os seus obxectivos: poñer en valor a identidade culinaria da cidade a través da súa historia, cultura e patrimonio. Contempla, entre outros, a creación dun mercado gastronómico ao pé do mercado da Madalena.
Favorecer a investigación de alimentos locais ou implantar patróns de consumo saudables son outras das iniciativas dun plan aberto a todo o sector
Potenciar a gastronomía na ruta xacobea do Camiño Inglés tamén está previsto no plan Dieta Ártabra que en tres anos ten que estar ultimado.