CRTVG

Buscar

Diego Vallejo explícanos dende o Dakar a súa experiencia na segunda etapa

Publicado o 08/01/2019 20:51

Van escoitar agora a Diego Vallejo, inmerso no Dakar que arrancou no Perú hai un par de días. O galego, copiloto de Óscar Fuertes, mandounos esta mensaxe para contarnos, en primeira persoa, como está transcorrendo a segunda etapa do rally máis duro do mundo. 

Diego Vallejo: "Xa estamos no final da segunda etapa, moi dura, como non podía ser doutra maneira neste Dakar, como previamos, moitísima area... que é como un po morto que se mete por todos os lados. Tivemos unha picada que puidemos reparar, ou sexa, que ben. Recuperando postos despois dalgún problemiña que tivemos onte cunha mala indicación".

 

Noticias web

08/01/2019