CRTVG

Buscar

Diego Pampín será protagonista no derbi Deportivo-Celta B

Publicado o 10/12/2020 22:07

Sabemos del que é o capitán do Celta B, con todo o que implica para un vestiario ser o capitán. E sabemos que ata os 14 anos creceu na Coruña, era deportivista e, xogando no Victoria, o Deportivo quixo fichalo. Conectamos con el por skype e preguntámoslle se é un coruñés con corazón celtista.

Diego Pampín, Celta B: "Díficil"

Difícil non marcar dende o día do sorteo do calendario este Deportivo-Celta B.

Diego Pampín, Celta B: "É un derbi moi agardado desde principios de temporada polo menos para mín e seguro que polos coruñeses e vigueses".

Tan agardado que ata devecen por ver ese partido os galegos do primeiro equipo do Celta. Pampín é dos que se adestrou esta semana con eles.

Diego Pampín, Celta B: "Onte e antonte adestramos con eles e algunha mensaxe déronnos pero vai quedar entre nós".

O Celta B contra un Deportivo líder, invicto.

Diego Pampín, Celta B: "Nos duelos individuais practicamente saen gañadores en todos e a súa confianza nas áreas".

O poderío do Deportivo ante a xuventude dun filial do Celta onde sempre foi titular ata o momento Diego Pampín.

Noticias web

10/12/2020