CRTVG

Buscar

Diego Llorente, segundo positivo por covid−19 na selección española

Publicado o 09/06/2021 06:48
Diego Llorente, segundo positivo por covid−19 na selección española

Logo do positivo de Sergio Busquets, a Federación Española deu conta dun segundo caso positivo por covid−19. É Diego Llorente, defensa do Leeds United. 

A selección decidira tomar medidas tras o acontecido con Busquets e creou un grupo de traballo paralelo, entre os que están o xogador do Celta Brais Méndez ou o central Raúl Albiol, que pasa a ter moitas opcións de entrar na lista. 

Haberá que ver se o gromo continúa estendéndose, pero as alarmas están acendidas no combinado español a días de que comece a Eurocopa.