CRTVG

Buscar

Diego Framil superou o coronovarius tras case dous meses no hospital

Publicado o 07/02/2021 15:39

Diego Framil: "Os pulmóns, os alvéolos pulmonares, en cuestión de horas empezaron a parecer uvas pasas. Seica cando entrei no hospital o primeiro que viron un pouco tocadiños foron os riles pero en cuestións de horas foi coma a noite e o día e antes de que me metesen na UCI quedábanme 24 horas de vida".

Hai case dez meses que Diego saíu do hospital e aínda non atopa explicación a que o virus lle afectara de tal xeito os riles e os pulmóns. Con 44 anos e sen patoloxías previas pasou máis de vinte días totalmente sedado.

Diego Framil: "É que non son fumador, nin bebedor, nin ningún problema respiratorio antes disto, vale estou un pouco gordiño".

Foi o primeiro paciente de coronavirus en Galicia ao que lle aplicaron unha arriscada terapia de asistencia mecánica circulatoria e respiratoria.

Diego Framil: "O que fai é que fan coma un corte na ingua e outro no pescozo, por un lado entra sangue e por outra sae e estache osixenando" "É coma un pulmón artificial". "Isto é coma unha ruleta rusa a uns tócaos e non os afecta e a outros tócanos e estabamos cun pé noutro lado".


 

Noticias web

07/02/2021