Diego Epifanio non será o adestrador do Breogán no seu regreso á ACB
Publicado o 06/07/2021 16:01

O Breogán e Diego Epifanio separan os seus camiños. O adestrador burgalés levaba cos lucenses dende o 2019.
Co retorno dos lucenses á ACB o equipo agradécelle o seu traballo e dedicación e deséxalle a mellor das sortes.
"Imos comezar un novo proxecto nunha nova categoría e cun perfil de equipo totalmente diferente", escribía o Breo na súa web.