CRTVG

Buscar

Diego Alende reforza a defensa do Lugo

Publicado o 20/08/2020 14:58

O Lugo reforza a súa defensa co santiagués Diego Alende.

Alende foi peza clave no filial do Celta antes de fichar polo Valladolid, club co que agora o Lugo acordou a cesión do defensa por unha temporada. É un futbolista que pode xogar de central ou memso no lateral.

Formando na canteira do Celta, chegou a debutar cos celestes en Primeira. Tras Alende chegarán cedidos outros futbolistas. O Lugo vai sufrir unha profunda renovación.

Noticias web

20/08/2020