CRTVG

Buscar

Didier Moreno, agradecido a Natxo González por xogar na súa posición natural

Publicado o 29/03/2019 18:38

O xogador do Deportivo, Didier Moreno, agradeceu que o adestrador o puxera contra o Almería no posto de pivote. "Agradecido porque se me deu a oportunidade de xogar nesa posición, sabendo a gran competencia que hai con Álex e Mosquera, que son os capitáns e os piares do equipo", dixo o colombiano. Sobre as críticas recibidas polas súas prestacións nesta temporada, Moreno asegurou que "sempre dixen que o afeccionado está no seu deber de expresar o que ve e o que sente. Non vou falar de inxustiza ou non. As veces que saín o campo tratei de gozar, de aportar. Por iso hoxe estou tranquilo".



 

Noticias web

29/03/2019