CRTVG

Buscar

Díaz, sobre a reunión de Sánchez con fondos de investimento: "A min preocúpanme os parados"

Publicado o 23/07/2021 09:21

Mensaxe da vicepresidenta Yolanda Díaz tras a reunión de Sánchez con fondos de investimento nos Estados Unidos. Di que a súa preocupación son os parados e que eses fondos só buscan gañar diñeiro.

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo Yolanda Díaz asegurou: "Os fondos de investimento están no mundo para gañar diñeiro e os gobernos, sobre todo os progresistas, están para mellorar a vida da xente".

En declaracións aos medios no Escorial, dixo: "A min o que me preocupa son os traballadores e traballadoras que perderon os seus dereitos (...), os parados e paradas (...), os mozos sen emprego ou as nais (...) que teñen dificultades para atender as necesidades dos seus fillos". Incidiu en que Unidas Podemos están no Goberno para cambiar esas cousas, "non para mellorar a rendibilidade dos fondos".

"Supoño que conversarían de impostos", engadiu Díaz, que cre que iso é "o único interesante dunha visita a un gran fondo de investimento".

"O presidente fixo o seu traballo", concluíu.

Noticias web

23/07/2021