Días para disfrutar de Santiago sen aglomeracións nin esperas para atravesar a Porta Santa
O festivo de San Xosé animou aos galegos a achegarse a Compostela. Pese ao frío,os hostaleiros da Quintana despregaban esta mañá as suas terrazas para acoller os visitantes. "Supoño que esta Porta Santa que ten un tirón tan importante pois fará que veña xente", di Suso Pais, un veterano hostaleiro da Praza.
Saben que será un turismo máis caseiro do habitual porque as restriccións pola Covid non permiten outra cousa. "Pois mira, por unha vez disfrutan os galegos da Praza da Quintana, da Porta Santa sen facer colas da de catro horas para entrar", di Pais.
E así é, o acceso non deixa de ser fluído, pese a que os visitantes van chegando, de Caldas, da Coruña, de Vigo... "Porque despois de tantos días na casa xa nos apetecía dar unha volta", di unha visitante de Vigo que se achegou coa familia a Santiago porque ao seu fillo Saúl lle falaron do Camiño na escola e quería escoitar as campás da 'igrexa' de Santiago. "Que moitas veces imos fora para facer turismo e a verdade é que en Galicia temos de todo e por iso queremos aproveitar antes que se encha de xente", di Lara unha moza de Caldas que liou á sua familia para pasar o Dia do pai en Compostela.
Mesmo se ve xa algún grupo con guía... "Esta semana saíron grupiños, pero así grande, de oito persoas, hoxe porque coas restricións novas xa podemos, entón estamos máis contentos, claro. Galegos sobre todo, pero si, si, xenial!", di Silvia de Andreis.
E ata os Composteláns viven a cidade doutra maneira, aínda que con certa añoranza de visitantes. "O que se pode é disfrutar da cidade agora mesmo, aínda que se bota de menos á xente, eh!!"