CRTVG

Buscar

Diakhaby reafírmase en que recibiu insultos racistas e Juan Cala nega que haxa racismo no fútbol español

Publicado o 06/04/2021 21:50

O valencianista Diakhaby insiste en que recibiu insultos racistas por parte do gaditano Juan Cala durante o partido do domingo no Carranza. Diakhaby: "Insúltame. Di «negro de merda». Doeume moito".

O xogador do Cádiz deu unha conferencia de prensa en que negou tales insultos e relatou a súa versión dos feitos. "Diríxese a min e di que lle chamei «negro de merda». Eu intentei tranquilizalo e díxenlle que non dixera iso".

Cala non entende que o Valencia se retirase do campo e amagase con non volver: "Era un circo. Non hai racismo no fútbol español".

A temporada pasada Iñaki Williams foi obxecto de insultos racistas desde as bancadas do Español. O partido seguiu pero si se suspendeu un Rayo Vallecano-Albacete tras os berros de nazi dirixidos a Zozulia.

No caso de Diakhabi foi o xogador o que non volveu ó campo. O Valencia emitiu un comunicado para apoiar o seu xogador encabezado coa frase "Cala, non te creemos". O Valencia e Dhiakaby piden sancións. A liga di que vai investigar o incidente.

Noticias web

06/04/2021