Día Mundial da Costura: un oficio en auxe e con moita reciclaxe
Publicado o 14/10/2021 20:51
Aprender costura semella estar de moda. Polo menos a nivel doméstico. Sexa polos programas televisivos ou polo tempo que pasamos na casa durante a pandemia o certo é que moitos animáronse a aprender cousas novas. As academias reciben tanto aficionados coma xente que busca un futuro profesional na costura. De feito, hai problemas para atopar quen traballe na costura.
Cada vez son máis os que optan polos arranxos que por confeccionar prendas novas. Din as costureiras que máis que por aforrar na compra de prendas novas, a xente faino por concienciación.
Nesta día mundial, din que botan en falta que se valore máis o seu traballo.