CRTVG

Buscar

Día grande das Festas da Ascensión en Santiago

Publicado o 30/05/2019 22:05

O día xa empezou con moita actividade e con moito dilema para os pequenos e maiores, que non sabían por onde empezar. E é que a tradicional feira cabalar atrae todos os rangos de idade e moitos composteláns que xa fan da visita toda unha tradición. Así que, mellor empezar por Amio e logo continuar na alameda.

Seguindo a orde establecida , e por se non almorzamos o suficiente, na alameda xa nos agardan con churros ou rosquillas para coller forzar e gozar de tanta atracción xunta. Claro que, entre todas, destaca unha, a nora da Ascensión, que é xa imprescindible. 

Seguimos a festa. A comparsa de cabezudos enche a zona histórica da cidade coa súa música e co seu baile. Igual que o farán os múltiples concertos que esta noite xa enchen as prazas da cidade. Son as festas máis picheleiras e, co bo tempo como aliado, nin composteláns nin visitantes fallan a unha cita da que aínda lles queda moito por gozar. Ata o domingo non remata esta Ascensión do 2019.

Noticias web

30/05/2019