CRTVG

Buscar

Día de praia en Vigo e de treboadas en Ourense

Publicado o 12/06/2021 21:56

 Con temperaturas máximas por riba dos 30 graos as praias de Vigo viviron unha xornada totalmente de verán. Así de ateigada estivo a praia de Samil esta tarde.

"Mira para aí como se me puxo a perna co sol e a outra tamén arriba puxen a camiseta poque me queimaba
estivo unha tarde moi boa, moita xente camiñando por aquí e auga estaba moi boa tamén .Agora subiu a marea", di un home.

O sol apretaba e auga convida a meterse para sufocar a calor abafante.
"Houbo baño e rebaño, verdade chicas ?

"Si empapamonos moito!"

"Paseino moi ben, cheguei ás once da mañá e todo moi ben todo tranquilo".

Día tranquilo e estampa de normalidade neste remate de primavera de apertura e descalada en Galicia

"O que pasa é que o que estou vendo é que as máscaras brilan pola súa ausencia deberamos ser algo máis responsables".

E mentres en Ourense a tarde deixaba choiva e mesmo treboadas. .A xornada amenceu con ceos despexados pero dende este mediodia o sur da provincia e a zona da montaña permanecen en nivel de alerta amarelo por tormentas.
As precipitacións e mesmo o pedrazo poden extendense mañá a boa parte de galicia ...mesmo a zonas coma esta da Coruña nas que hoxe houbo praia.


 

Noticias web

12/06/2021