CRTVG

Buscar

Día de devolucións e cambios dos regalos de Reis nos comercios

Publicado o 07/01/2020 14:24

Os que mercan nas rebaixas coinciden nas tendas cos que van cambiar os regalos de Reis. Ou porque non lles gustou ou porque non acertaron no talle, moitos volven hoxe ao comercio co agasallo de onte.

Desde primeira hora da mañá hai xente nas tendas e nos centros comerciais. Moitos clientes van coa bolsa dos agasallos de Reis para devolvelos ou cambialos poque, malia que son magos, non sempre acertan

"Acertaron co agasallo pero a talla viña mal, entón tivemos que vir a cambialo e de paso aproveitar a rebaixas".

"Parece que se equivocaron co talle".

"Non acertaron, non me gustou, entón vou a ver se o cambio por outra cousa que agora hai moito en rebaixas", din os clientes.

Segundo os respondables de grandes almacéns, devolucións hai poucas.

"É moito máis cambio, por talla ou por modelo que non gusta e que mudas por outro, porque ademais ahora aproveitas a ventaxa do precio", Pati Blanco, director de Relacións Externas de El Corte Inglés. 

Desde as asociacións de consumidores lembran que os dereitos teñen que ser os mesmos ca en calquera outro período do ano.

"Hai comercios que din que no fan cambios en periodo de rebaixa, pero teñen que telo anunciado. Nn me poden decir que non me fan o mesmo que o esto do ano e eu non o sei", explica Víctor Muñoz, presidente de FACUA Galicia,

As devolucións por cartos ou vales dependen da política de empresa de cada comercio.

Noticias web

07/01/2020