Día de calor en pleno outono, con praias cheas aproveitando o festivo
A mediados de outubro, e xa pasadas tres semanas largas de outono e nótase, por exemplo, en que cada día escurece antes. Pero esta ponte festiva veu marcada polo sol en Galicia. E no caso de Vigo, por exemplo, por unha calor que non é nin moito menos habitual a estas alturas do ano.
Sobran as pezas de roupa de temporada. Aperta a calor e hai que botar man de novo da roupa de verán, que algúns xa tiñan gardada. Vémolo na praia de Samil onde acertaron os hoxe que trouxeron o traxe de baño.
Máis ca un día agradable de outono, a imaxe do areal podería ser a dun día de verán con xente tomando o sol, paseando e mesmo refrescándose na auga.
Vigo acada nesta xornada festiva de outono cos 28 graos para poñerlle o ramo a unha ponte festiva marcada polo anticiclón.