CRTVG

Buscar

Día de calor en Ourense, onde os termómetros chegaron as 33º

Publicado o 08/06/2021 22:49

En Ourense a calor marcou toda a xornada, con temperaturas que estiveron arredor dos 30 graos na provincia e na cidade chegaron aos 33.  Arestora, por exemplo, cando está acabando o día aínda temos uns 22 graos.

Coma sempre, cando soben os termómetros Ourense é a provincia que máis o nota. Porén a de hoxe foi unha xornada de contrastes entre o sol e o nordés que se notou na costa e que deixou brétemas nalgúns puntos do país. Sobre todo, no litoral cantábrico. Con todo, ao longo do día o ceo foi abrindo e cidades como Vigo rexistraron os 25 graos. Non son os 30 da Arnoia, aquí na provincia de Ourense, pero en xeral a xornada foi de sol e de calor en toda Galicia. E semella que vai aguantar un chisquiño máis, ata polo menos o xoves, que entran no panorama as tormentas principalmente nas zonas de montaña.

 

 

Noticias web

08/06/2021