Galicia celebra o Día das Letras dedicado a Ricardo Carvalho Calero no medio da pandemia
• Acto simbólico da RAG ás portas da súa casa en Santiago | O presidente di que queda pendente a homenaxe a Carvalho Calero
• Pequeno percorrido pola ampla obra do autor | Carvalho da Galiza | A pegada de Carvalho Calero en Lugo
Foi un autor infatigable. Ricardo Carvalho Calero publicou a primeira gramática do galego moderno, a primeira historia da literatura galega e a primeira novela da posguerra. Cultivou o teatro, escribiu ensaios e crítica literaria e varios libros de poesía, unha das súas grandes paixóns.
Na súa biblioteca, Ricardo Carvalho Calero andaba á procura dun libro dos moitos que publicou na súa vida, unha longa carreira literaria que comezou na adolescencia.
O seu primeiro libro en galego sería de poesía: Vieiros saíu do prelo en 1931, cando tiña 21 anos: Xente da barreira, a primeira novela en galego escrita na posguerra.
Pulsou moitos xéneros. Tamén o teatro. Da época de profesor no colexio Fingoi de Lugo data por exemplo A farsa das zocas. Nese período recompilou a súa Historia da literatura galega, un minucioso traballo fundamental para o idioma.
En 1965 sacou á luz a Gramática elemental do galego común, un éxito con sete edicións, primeira análise moderna da nosa lingua. Nos seus últimos anos gaña o Premio da Crítica Española pola súa novela Skorpio, un retrato da súa xeración.
Polifacético e infatigable autor, quizais na poesía atopaba o seu mellor espello, como é o caso de Pretérito imperfeito. Despois de morrer, en 1990 publican un seu libro póstumo, un ensaio, Do galego e da Galiza, dúas preocupacións que encheron a súa existencia.