CRTVG

Buscar

Quince novos positivos en Galicia: aumentan a 232 os casos activos

Publicado o 27/07/2020 15:48

Os casos activos de coronavirus aumentan en Galicia por cuarto día consecutivo. Segundo o último balance do Sergas, este luns son 232 os positivos por COVID, 15 máis ca onte. 220 permanecen en seguimento domiciliario,11 están en unidades de hospitalización e un na UCI na área sanitaria de Vigo. A cifra de pacientes curados ascende a 11.228.

O brote do Saviñao situa a área sanitaria de Lugo, con 89 positivos, na de maior número de casos na comunidade, que volve medrar tras os 15 pacientes detectados entre a parroquia de Reiriz e o concello limítrofe de Paradela.

Na Mariña, a situación mantense estable con medio cento de casos activos, 23 en Burela onde dúas persoas permanecen ingresadas.

Con 58 positivos, a área sanitaria da Coruña-Cee sitúase na segunda da comunidade con maior número de casos. Cinco permanecen hospitalizadas. A área sanitaria de Santiago suma 16 casos, tres máis ca onte.

En Ponteverda, aumenta a cifra de contaxios 62 en toda a provincia, dos que 44 pertecen a área sanitaria de Vigo, cun novo brote con orixe nunha fiscala dos xulgados da cidade que contaxiu dous familiares e que obrigou a poñer en corentena 30 persoas.

Ourense é a provincia con menor incidencia de casos, con 7 positivos, un máis ca na xornada de onte.

Nas últimas 24 horas realizaronse case 1.000 novas PCR, o que eleva o total de probas feitas en Galicia a 244.127.