Dezaseis CDR detidos tras unha noite de disturbios en Barcelona
Esperábanse máis manifestacións, ou alomenos máis numerosas, no terceiro aniversario do referendo ilegal de independencia en Cataluña, por coincidir ademais coa inhabilitación de Quim Torra. O certo é que apenas medio milleiro de persoas acudíu á convocatoria dos CDR; concentráronse diante do Palau da Generalitat, na Praza de San Jaume, en Barcelona, para esixirlles aos partidos que cumpriran o que eles chamaban “o mandato do 1 de outubro”.
Despois desta concentración, un grupo de violentos comezou a queimar contedores no centro da cidade, a berrar consignas contra a policía e a guindarlles ovos, petardos e mesmo barras de ferro. Os Mossos d’Esquadra acabaron cargando contra os manifestantes e detiveron 15 persoas en Barcelona e outra máis en Xirona por feitos similares.