Dezaoito anos despois, declara a nai de Déborah Fernández
Rosa Neira convértese no segundo membro da familia de Déborah que puido prestar declaración en sede xudical dende a reapertura do caso. En febreiro fixéraoo o pai da moza viguesa falecida e esta mañá tocoulle a quenda a súa nai. Cunha mestura de emocións, fíxoo por espazo de dúas horas.
A de Rosa Neira é a última declaración prevista pola maxistrada, pero a familia confía en que poida orixinar novas dilixencias para facer fronte a unha investigacion, segundo eles, cargada de neglixencias.
Agora haberá que agardar a decisión que tome a maxistrada sobre o caso, porén aínda hai delixencias pendentes como a posibilidade de exhumar o cadáver de Déborah e a clonación do disco duro do seu ordenador, do que non existen informes policiais.
Satisfeita por ter podido declarar, Rosa Neira lembrouse das familias que viven unha situación parecida a súa.