Dezaoito anos despois, a xustiza chama a declarar a nai de Déborah Fernández
Publicado o 10/10/2020 09:25
Dezaoito anos despois, a xustiza chama a declarar a nai de Déborah Fernández, a moza viguesa desaparecida cando estaba a facer deporte pola zona de Samil.
Para a familia, é unha vitoria importante na súa loita para que se siga investigando o caso.
É a primeira vez que a nai da moza acode a declarar. O pai declarou por primeira vez no mes de febreiro.
O xulgado prorrogou hai unha semana a investigación ao atopar indicios de homicidio ou asasinato. Esta decision foi moi ben acollida pola familia porque por fin escoitaránse esas testemuñas que consideran claves neste proceso.