CRTVG

Buscar

Dez persoas morreron ao estrelarse un avión no aeroporto de Adisson, en Texas

Publicado o 01/07/2019 08:35

Dez persoas morreron ao estrelarse un avión no aeroporto de Adisson, en Texas. O aparello acababa de engalar ás nove da mañá do domingo, hora local, cando se esnafrou contra un hangar e empezou a arder. Non hai superviventes. Os falecidos son oito pasaxeiros e dous membros da tripulación. O avión facía un voo privado entre Texas e Florida.
 

Noticias web

01/07/2019