CRTVG

Buscar

Dez novos falecementos elevan a 1.056 as vítimas da pandemia en Galicia

Publicado o 13/11/2020 20:01
Dez novos falecementos elevan a 1.056 as vítimas da pandemia en Galicia

Nas últimas horas, o Sergas rexistrou 10 novos falecementos de persoas que foran diagnosticadas por coronavirus.

Coas novas mortes notificadas, o total de vítimas da pandemia en Galicia ascende a 1.056 desde o inicio da pandemia.

Na área sanitaria da Coruña faleceron un home de 56 anos, unha muller de 84 anos, un home de 77 anos e un home de 80 anos. Todos eles no CHUAC.

En Santiago faleceu unha muller de 87 anos no CHUS que procedía da residencia Santa Olalla de Boqueixón.

Na área de Ferrol faleceu unha muller de 83 anos no CHUF.

Na área de Pontevedra faleceu unha muller de 81 anos no Hospital do Salnés que procedía da Residencia DomusVI Ribadumia.

En Vigo, faleceu un home de 83 anos ingresado no CHUVI e procedente da residencia de Salvaterra de Miño.

Na área sanitaria de Lugo faleceu unha muller de 85 anos no Hospital de Monforte.

En centros residenciais faleceu unha muller de 92 anos na área de Ourense; concretamente na residencia Nosa Señora de Barbadás.

Todos eles tiñan patoloxías previas.