CRTVG

Buscar

Dez millóns de euros en tabaco e 27 detidos

Publicado o 12/04/2019 07:46

Case dez millóns de euros en tabaco de contrabando comisado e 27 detidos, a maioría ucraínos, na provincia de Córdoba. É o balance da operación Pastela, dirixida pola Garda Civil de Cidade Real.

A rede desmantelada tiña conexións internacionais e montara dúas grandes fábricas para producir tabaco valorado en 200 millóns de euros en catro meses que tivo de actividade. Exportábano a outros países europeos, como Rusia ou Italia.

A investigación comezou tras o incendio dunha nave industrial, en setembro do ano pasado, onde houbo 16 feridos e dous falecidos. 

Noticias web

12/04/2019