CRTVG

Buscar

Dez menores, illados preventivamente en Balaguer

Publicado o 24/07/2020 14:30

Hai activos 281 brotes, boa parte deles están relacionados con actividades do ocio nocturno. As comunidades autónomas anuncian medidas para tratar de frear o virus, que van desde a redución de ocupación e horarios nos locais á obriga de facilitar un número de contacto para poder ser localizado en caso de que se detecte un brote.Un mes despois da fin do estado de alarma, case todas as provincias española seguen rexistrando novos contaxios por coronavirus.

A transmisión comunitaria do virus non se cortou en Cataluña e nos últimos 15 días duplicáronse os pacientes por covid-19 atendidos nas urxencias catalás.

Dez menores que participaban nun campamento de verano en Balaguer foron illados preventivamente despois de estar en contacto cun posible infectado.

De confirmarse o múltiple contaxio, o número de brotes activos na área sanitaria de Lleida superaría o medio cento. Huesca segue estando entre as provincias con maior taxa de incidencia da pandemia, 60 contaxiados por cada cen mil habitantes.

A comunidade autónoma de Aragón informou este xoves do 43 por cento dos positivos de toda España e a comarca dos Monegros retrocedía á fase 2 despois de acumular unha vintena de contaxios."Retroceder nunca é bo, pero creo que a xente ten que estar moi concienciada e é o primeiro do que hai que mentalizarse que non é unha volta á normalidade normal."Unha festa é a orixe dos cinco contaxiados na localidade toledana de Corral de Almaguer.

Na comunidade castelá-manchega permanecen activos outros 4 focos con case un centenar de infectados.  Para evitar as aglomeracións que favorecen a propagación do virus son xa varias as comunidades que anuncian novas medidas de control do ocio nocturno, con restricións de horarios e ocupación.

Noticias web

24/07/2020