CRTVG

Buscar

Dez farmacias de Arteixo inician os cribados con tests de saliva

Publicado o 18/03/2021 16:04

A área sanitaria da Coruña segue sendo a de maior incidencia de Galicia. Por iso a partir deste venres as farmacias incorpóranse aos cribados. As primeiras en recibir os tests de saliva son dez boticas de Arteixo, o concello que máis preocupa.

O cribado vai dirixido ás persoas de entre 20 e 64 anos de idade que poden recoller o kit na súa farmacia para tomar a mostra de saliva. Nun prazo de 48 horas, recibirán o resultado no seu móbil. 

Este sistema estenderase nos próximos días a toda a provincia. Culleredo será o seguinte municipio en establecer este sistema. As autoridades sanitarias din que os cribados están resultando determinantes para controlar os contaxios.

Noticias web

18/03/2021

Máis sobre Arteixo