CRTVG

Buscar

Dez drons vixiarán os montes galegos día e noite

Publicado o 03/07/2020 20:03

A loita contra os incendios incorpora ferramentas novas. Hoxe entraron en servizo catro drons que controlarán os montes galegos e serán fundamentais nas investigacións das causas dos incendios forestais. Vanse incorporar máis, ata chegar a ter 10.

Levan unha cámara de infravermellos, e outra térmica, que lles permite vixiar tanto de día coma de noite.

Son os axentes forestais que pilotarán os catro primeiros drons adquiridos pola Xunta para vixiar a actividade incendiaria nos montes galegos. Distribuiranse por toda Galicia en apoio das brigadas de investigación de incendios forestais.

O seu reducido peso, non chegan aos 800 gramos, e a súa capacidade para chegar ás zonas máis inaccesibles fainos especialmente adecuados para este traballo.

Tomás Fernández-Couto, dir. xeral de Defensa do Monte: "Controlar todo o territorio non é sinxelo e os drons o que permiten é controlar perfectamente un territorio que simplemente a pé, con prismáticos ou con sistemas tradicionais é moi complicado"

Cunha autonomía de voo de 24 minutos e un radio de acción de 3 quilómetros e medio, estes drons están provistos dunha cámara de infravermellos e outra térmica que lles permite operarar as 24 horas do día.

Tomás Fernández-Couto, dir. xeral de Defensa do Monte: "Unha ferramenta moi potente e moi eficaz para controlar o movemento de incendiarios no monte galego."

Nos próximos meses completarán o equipo outros seis aparellos e máis dunha ducia de axentes formados como pilotos.

Noticias web

03/07/2020