Dez días de corentena para os viaxeiros procedentes de países de risco
Publicado o 02/04/2021 14:57
Pois precisamente hoxe o Goberno alongou a corentena de dez días para os viaxeiros que cheguen a España procedentes de países de risco. Aféctalles a aqueles que veñen do Brasil, Perú e Colombia e algúns africanos como Kenia ou Ghana. Os que cheguen a España teñen que manterse illados durante 10 días ou dar negativo nunha proba ao sétimo día da súa estadía no país. Queda excluído o persoal dos voos.