Dez detidos nos disturbios que se produciron en Donostia cando a policía intentaba disolver aglomeracións
Publicado o 23/08/2021 12:50
Quinta noite de disturbios en Donostia contra a prohibición de celebrar festas e aglomeracións. Grupos de mozos levan varios días rompendo escaparates de comercios, queimando colectores e enfrontándose á Ertzaintza.
Onte detiveron dez persoas, entre eles un menor. Non se descartan máis detencións, porque está aberta unha investigación para identificar outros participantes nos disturbios. Tres axentes quedaron feridos con contusións.