CRTVG

Buscar

Dez detidos e 3 ertzainas feridos nunha nova noite de altercados en Donostia

Publicado o 22/08/2021 13:20

A Ertzaintza empregouse para disolver novas aglomeracións en Donostia nunha madrugada mais de disturbios que deixaron como resultado dez detidos e tres ertzainas contusionados. Grupos de alborotadores aproveitando a presenza de multitudes racharon vitrinas, queimaron colectores e guindaron obxectos contra os axentes que vixiaban o cumprimento das medidas anticovid.

Entre os arrestados un mozo de 17 anos que foi entregado os seus pais, en espera de que o cite o xuíz. O resto tiñan idades de entre 18 e 22 anos, pero pode haber mais detencións xa que se mantén aberta a actuación policial para identificar outros participantes nos actos vandálicos.

Os disturbios comezaron cando grupos de mozos guindaron botellas e obxectos contundentes contra o dispositivo policial que vixiaba a zona. Os axentes utilizaron material antidisturbios. Este domingo é a quinta madrugada con altercados na zona vella de Donostia e o centro da cidade que remata con detencións. 


Noticias web

22/08/2021